A venta de viño con D.O Rías Baixas chegou ás 33.141.354 botellas no pasado ano

A venta de viño con D.O Rías Baixas chegou ás 33.141.354 botellas no pasado ano

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas calificou 24.856.016 litros de viño, nun exercicio marcado pola tendencia desestacionalizadora no consumo e, por contar xa con 103 bodegas nos plans de exportación

A Denominación de Orixe Rías Baixas rexistrou un incremento dun 9,31% de viño calificado en 2017, respecto ao exercicio anterior, o que se traduce en 24.856.016 litros e en 33.141.354 contraetiquetas.

Este crecemento permitirá ao Consello Regulador afrontar o futuro con garantías e manter a liña de traballo que reportou estes resultados.

Para isto, contará cuns presupostos que crecen un 11,66% respecto a 2017, alcanzando os 4.021.900 € neste exercicio. Estes pesupostos foron presentados polo presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, trala última sesión plenaria do 2017.

Ademais co fin de seguir afianzando a súa posición nos mercados, o Pleno do Consello Regulador acordou destinar o 70,01% dese presuposto á promoción, marketing e comunicación, o 20,27% ao control de calidade e departamento técnico, e o 9,72% restante a gastos de funcionamento.

Xunto co incremento de volumen de viño comercializado, é de destacar a clara tendencia á desestacionalización das ventas ao longo do ano. “Probablemente influiu neste feito as ventas nos mercados exteriores, xunto co cambio dos hábitos de consumo no ámbito nacional”, explica Juan Gil de Araujo.

Mirada ao futuro

O 2018 presenta boas perspectivas para a D.O. Rías Baixas, que contará cunha colleita abundante e de boa calidade. Isto lle permitirá seguir crecendo dunha forma racional e cumprir coa demanda do mercado.

Todo isto é froito da labor conxunta dun sector dinámico e cohesionado. Ademais, “os logros alcanzados non serían posibles sen o apoio das administracións públicas: Xunta de Galicia, IGAPE e ICEX. A súa colaboración foi fundamental para o desenvolvemento desta denominación de orixe. E confiamos en que nola sigan prestando no futuro”, agradece o presidente do Consello.

Internacional

Tamén os mercados exteriores están reportando moitas alegrías ás bodegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. A noticia máis relevante para este Consello Regulador é que crece o número de bodegas que xa venden ao exterior, concretamente 103 das 184 inscritas na actualidade, o que se traduce en máis do 56% das empresas inscritas. O volumen de viño exportado na campaña 2016/17 foi de 6.141.167 litros, cun incremento en valor económico do 7,17%.

Comparte...