VOLVE A COCIÑA DE LARPEIROS

VOLVE A COCIÑA DE LARPEIROS

Volve a cociña de Larpeiros” é o terceiro libro de receitas do mediático Benigno Campos, coñecido como o cociñeiro do programa da televisión galega “Larpeiros”.

Benigno, ao que lle gusta cociñar, comer e cantar, cultivou un enorme éxito cos seus dous primeiros receitarios (“A cociña de Larpeiros” e “Novas receitas da cociña de Larpeiros”) cuxa tirada conxunta debe de roldar xa os 100.000 exemplares, unha cifra inaudita en Galicia.

O gran segredo de Benigno é a súa capacidade para conectar coa gran masa de televidentes interesados no mundo da cociña, realizando preparacións ao alcance de calquera cociñeiro ou afeccionado e de calquera peto e traballando exclusivamente coas máquinas e utensilios que se poden atopar nunha cociña doméstica.

Así que na televisión Larpeiros compite con éxito con calquera outro contido da súa franxa horaria, mesmo co fútbol. E os libros de Benigno superan en popularidade e vendas a calquera outro autor que publique en galego hoxe en día.

E todo sen ser cociñeiro profesional, porque en realidade Benigno é un xubilado do sector naval ao que sempre gustou cociñar para a familia e os amigos, que un día chegou á televisión da man do noso compañeiro Tomás Alonso.

Soledad Felloza ilustra o libro coas súas fotografías.

Comparte...