As pesqueiras da lamprea convértense en produto turístico

As pesqueiras da lamprea convértense en produto turístico

Co obxectivo de promocionar as pesqueiras diseminadas ao longo do río Miño, Turismo de Galicia ven  de crear un novo produto turístico, a Ruta da Lamprea, que implica a sete concellos en torno ao río Miño na comarca pontevedresa do Condado- A Paradanta: Arbo, Salvaterra, Tui, A Guarda, Ponteareas, As Neves e Crecente. Todos eles tocan o río Miño, salvo o ponteareán, por onde pasa o Tea. Trátase dunha iniciativa, que estará en funcionamento a partir da próxima tempada de pesca e que permitirá dar a coñecer o importante patrimonio ao redor da lamprea e a súa captura coa posta en valor das artes de pesca creadas para a súa captura, como son as pesqueiras pero tamén os lugares nos que están situadas, os miradoiros e toda a contorna paisaxística.

A iniciativa foi presentada pola directora de Turismo de Galicia aos alcaldes implicados no proxecto, aos que lembrou o compromiso da Xunta para a rehabilitación das pesqueiras do Miño, uns traballos que permitirán que pesqueiras como as de Arbo, nas que xa se están traballando, poidan recuperar a súa estrutura orixinal e o seu funcionamento, ademais de dotar á zona con paneis explicativos para que os visitantes puidesen recrear con maior facilidade o funcionamento desta pesca tradicional. E é que este tipo de construcións nas beiras do río, nas que se colocaban os aparellos para a captura da lamprea representan non só un legado histórico de valor incalculable se non tamén ?un elemento vivo e en uso, que lle dá unha dimensión cultural, económica ysocial á nosa Comunidade autónoma?, explicou Nava Castro, á vez que están chamadas a contribuír a xerar un maior fluxo de visitantes nestes concellos.

Comparte...