Leiva actuará no ‘Espacio Mahou Coruña’

Leiva actuará no ‘Espacio Mahou Coruña’

Espacio Mahou Coruña aínda gardaba algunha sorpresa para a última semana e xa se desvelou, na web e as redes sociais, a identidade do cuarto protagonista dos ‘Encontros Musicais’. Leiva, unha das voces máis recoñecidas do rock español, visitará a planta de Ocio o vindeiro venres 14 en dous pases, ás 21:00 e ás 22:00 horas. Compartirá co público coruñés os temas do seu último disco ‘Monstruos’ e os demais éxitos da súa carreira musical.

As invitacións xa se poden conseguir de forma gratuíta a través dunha promoción. Os interesados teñen que achegarse a Espacio Mahou Coruña, xeolocalizarse e rexistrarse na promoción. Unha vez completados estes pasos, poderán canxear o pincode que aparece nos tercios de Mahou Cinco Estrellas ou Mahou Sin. Nese momento saberán se gañaron unha das 25 invitacións que se sortean.

Juan Crujeiras

Juan Crujeiras, chef do restaurante coruñés Bido, ofreceu na planta de Sabor unha masterclass dirixida a alumnos da Escuela de Hostelería San Javier na que desvelou algúns dos segredos da súa cociña. Despois da clase, o público tivo a oportunidade de acompañar a súa cervexa, de forma gratuíta, cunha tapa de “Ensalada de pato e algas, escabeche emulsionado e herbas de litoral” preparada polo chef.

Comparte...