Novo libro de receitas de cociña de Gadis

Novo libro de receitas de cociña de Gadis

A cadea de supermercados Gadis lanza un novo libro de receitas de Javier Ozores. “52 Semanas e un Aperitivo” é o cuarto libro desta serie de volumes con receitas baseadas na cociña familiar con produtos de tempada e fotografías en cor de Óscar Companioni.

En total, Gadis regalará aos seus clientes de Galicia e Castela e León 50.000 exemplares do libro, que contará con propostas para o aperitivo como principal novidade respecto os anteriores.

Para conseguir un libro é necesario reunir tickets por valor de 250 euros en compras realizadas desde o 1 ao 31 de outubro en calquera punto de venda de Galicia e Castela e León.

Os clientes poden adquirir os volumes anteriores a un prezo de 10 euros por exemplar.

Comparte...