PRATOS DO MUNDO COCIÑADOS DESDE A LAMA

PRATOS DO MUNDO COCIÑADOS DESDE A LAMA

A Fundación Barrié e o Centro Penitenciario da Lama editaron un libro que recolle 42 receitas de moi distinta orixe (España, Albania, Uruguai, Iraq…) propostas por internos do Centro Penitenciario da Lama, na súa maioría alumnos da EPA (centro de formación de adultos) do penal.

Platos del mundo cocinados desde A Lama foi prologado por Pepe Solla e trátase dunha iniciativa que acadou moitos parabéns.  No portal web www.fundacionbarrie.org pódese descargar de balde.

Comparte...