NOVO LIBRO DE COGOMELOS DE BAÍA EDICIÓNS

NOVO LIBRO DE COGOMELOS DE BAÍA EDICIÓNS

Os cogomelos son as estrelas de Os cogomelos na cociña e outras cousas (Baía Edicións), un novo volume que enriquece a biblioteca gastronómica galega da man de Xosé Manuel Fernández Costas (presidente da Asociación Micolóxica Viriato) e o cociñeiro Pedro Roca. No libro tamén participan Paco Bernabéu, Manolo Costas,Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca.

Cada exemplar está estructurado en tres partes. Na primeira desvélanse os segredos dos cogomelos máis apreciados na cociña; na segunda, receitas tradicionais e pratos innovadores danse a man; e na terceira repásanse os 30 anos de actividade da Asociación Micolóxica Viriato.

Comparte...