Chega o Calendario de Galicia 2014, da man de Aceites Abril

Chega o Calendario de Galicia 2014, da man de Aceites Abril

A cidade de Ourense acolleu a presentación da edición 2014 do Calendario de Galicia cun acto que tivo lugar no restaurante Adega do Emilio.

O Caledario de Galicia está editado por Interbanco Fotográfico e patrocinado por  Aceites Abril . Trátase da quinta edición deste almanaque no que se queren mostrar as posibilidades da gastronomía e os produtos galegos. No calendario 2014 vincúlanse 12 restaurantes con 12 receitas típicas da súa área xeográfica.

No evento tomaron a palabra a directora de mercadotecnia de Aceites Abril, Elena Pérez Canal; Alejandro Rubín, director do Salón Xantar; o editor do calendario, Eduardo de Martís; e Manoli González, técnico agrario de Abril.

Aceites Abril traballa, entre outros campos, na recuperación das oliveiras tradicionais galegas, co obxectivo de conseguiren elaborar un aceite de oliva 100% galego. Este ano plantáronse 70.000 árbores, dos que 30.000 enmárcanse no proxecto Cernes.

Editáronse 4.000 exemplares do Calendario de Galicia 2014, que se poden adquirir en diversos quioscos e librarías.

Comparte...