Chega Etiqueta Negra Gourmet, do sábado 12 ao luns 14 de novembro en Pontevedra

Chega Etiqueta Negra Gourmet, do sábado 12 ao luns 14 de novembro en Pontevedra

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle, do sábado 12 ao luns 14 de novembro, a primeira edición de Etiqueta Negra Gourmet Galego e Innovación Inspiradora

A feira gastronómica Etiqueta Negra Gourmet está promovida desde o propio Concello de Pontevedra e conta co apoio destacado da Deputación Provincial e da cervexeira Mahou, ademais doutras firmas.

Prevense máis de 50 expositores e relatores como Pepe Solla, Iñaki Bretal , Nacho Tierno ou Xosé Cannas. Non faltarán zona de catas de viños ou zona de negocios..

O CIFP Carlos Oroza ou o módulo de Hostalería do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés xogará un papel destacado nesta edición inicial, o programa pódese consultar en http://etiquetanegragourmet.com

Comparte...