Os restaurantes galegos de El Corte Inglés réndense aos pratos de culler

Os restaurantes galegos de El Corte Inglés réndense aos pratos de culler

Do 16 ao 26 de febreiro os máis de 50 restaurantes que o grupo El Corte Inglés ten repartidos pola xeografía española -catro deles en Galicia- contarán nas súas cartas cunha ampla selección dos pratos máis tradicionais da gastronomía de inverno. Lentellas da Armuña estofadas, callos con garavanzos, fabada asturiana, fabas con porco ibérico, fabas con ameixas ou verdinas con carabineiro serán os protagonistas da carta durante estas Xornadas Gastronómicas.

Esta iniciativa, que busca render homenaxe aos pratos “de culler”, permitirá aos comensais realizar un percorrido gastronómico polos mellores pratos do receitario tradicional de inverno baseado en ingredientes do mar e a horta españolas.

Comparte...