“Os sete magníficos” estarán en Cambre en 2014

“Os sete magníficos” estarán en Cambre en 2014

Beatriz Sotelo, David Muñoz, Miguel Ángel de la Cruz, Rafa Morales, Álvaro Garrido, Albert Ventura y Diego del Río son “Os sete magníficos de Mahou-San Miguel”, proxecto que presentarán o próximo 10 de novembro dentro da III Feira do Pintxo de Bilbao elaborando tapas que maridarán coas distintas cervexas do grupo e actuando de xurados na feira.

O proxecto itinerante levará aos sete cociñeiros polas súas correspondentes cidades de orixe para presentar as súas creacións. En Cambre, onde se atopa A Estación, o restaurante de Beatriz Sotelo, estarán nunha data aínda non determinada de 2014.

O proxecto pretende dar a coñecer as posibilidades de maridaxe entre a cociña española e a cervexa, prevíndose que as creacións dos sete cociñeiros se plasmen nun libro de receitas.

De momento, a web do proxecto comezará a funcionar o venres 8 de novembro e nela atoparase información sobre o proxecto, os cociñeiros e as súas receitas.

Comparte...