Os viños de Adegas Cunqueiro xeran interese en Pennsylvania

Os viños de Adegas Cunqueiro xeran interese en Pennsylvania

As Adegas Cunqueiro recibiron onte a visita do responsable de compras en Europa da empresa importadora de produtos europeos Nawrocki, que estivo acompañado por representantes de Alimentaria, compañía con sede no Porto de Santa María, e dedicada á exportación de alimentos. EUA mostra así o seu interese na enoloxía galega, que pouco a pouco conquista padais en mercados complexos, nos que ata hai algúns anos era case imposible penetrar comercialmente.

Adegas Cunqueiro situada en Prado, municipio de Castrelo de Miño, é unha empresa familiar con case cen anos de tradición que elabora catro tipos de viños de denominación de orixe de Ribeiro: Anciño, Cuqueira, Cunqueiro III Milenium e Máis de Cunqueiro.

Comparte...