Os viños de HGA  suman novos recoñecementos

Os viños de HGA suman novos recoñecementos

O grupo adegueiro galego HGA obtivo tres Medallas de Prata no Concurso Internacional Decanter World Wine Awards de Londres para os seus viños Altos de Torona Roseira (D.O. Rías Baixas), Regina Viarum Mencía (D.O. Ribeira Sacra) e Pazo de Villarei (D.O.Rías Baixas).

O Decanter, é un prestixioso concurso anual que se celebra en Londres Inglaterra. Fundado en 2004, gañouse unha reputación como unha das competicións do mundo do viño máis respectados e influíntes. Este ano recibiu 16.023 referencias procedentes de 46 países en todo o mundo. O xurado estivo composto por 200 expertos catadores de prestixio internacional incluíndo Masters of Wine, Masters Sommeliers, compradores, escritores e outros membros do sector.

Comparte...