Loxe Mareiro inicia a súa temporada estival

Loxe Mareiro inicia a súa temporada estival

Despois dun inverno de xantares a porta pechada, o Loxe Mareiro abriu de novo as súas portas ofrecendo tres espazos con senllas propostas diferenciadas.

Na Explanada (terraza exterior fronte ao mar), CociñaMiúda_CasMans + PeixeS Nús, cunha carta de marisco da zona (ameixas, berberechos, navallas, percebes “e o que o mar nos traia”, peixes da lonxa con tratamentos exóticos (sargo, xarda… cebiches, sushi…), pescada, ovos e croca.

O Comedor continuará montado cos sofás do inverno e funcionará como una terraza cuberta, cun menú “para comer coas máns” de 28 euros e pratos de cociña miúda.

Finalmente a Mesa da Cociña seguirá ofrecendo como máximo una ducia de prazas para “xantar e cear o Menú(da)Casa con pratos a modo proba-erro que pasarán a formar parte da Carta dVerán”. O prezo do menú é de 50 euros.

BenBo dedicou unha ampla reportaxe a Loxe Mareiro no seu número tres, con textos de Marta Fernández Guadaño e fotos de Soledad Felloza.

Comparte...