Lucio Blázquez Blázquez, Premio Nacional de Gastronomía Tradicional “Lola Torres”

Lucio Blázquez Blázquez, Premio Nacional de Gastronomía Tradicional “Lola Torres”

O próximo 20 de abril o cociñeiro madrileño Lucio Blázquez Blázquez recibirá o Premio Nacional de Gastronomía Tradicional “Lola Torres” pola transformación da súa filosofía de traballo nunha marca persoal e co fin de personificar nel o traballo de todos os cociñeiros e cociñeiras españois da posguerra.

O concurso gastronómico ten como finalidade destacar a gastronomía daqueles restaurantes e cociñeiros e cociñeiras que leven como mínimo 25 annos de traxectoria, degustando paladares coa súa cociña tradicional, elaborada principalmente con productos autóctonos da zona.

Lucio foi galardoado anteriormente coa Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo del Gobierno de España en 1999, Mejor Embajador de la Comunidad de Madrid en 2006 e premiado como Hostelero de Honor de Madrid no ano 2008.

A entrega do premio terá lugar ás 12:30 no Centro Superior de Hostelería de Galicia.

 

Comparte...