Lugo quere ser Capital española da gastronomía no 2015

Lugo quere ser Capital española da gastronomía no 2015

A cidade gañadora deste premio gastronómico desvelarase o 17 de outubro

A cidade de Lugo é unha das candidatas a ser Capital Española da Gastronomía no 2 o 15, e competirá con Cáceres, Cartaxena, Huesca e Valencia por este título honorífico que chega á súa cuarta edición, promovido dende a Federación Española de Hostalaría e a Federación Española de Periodistas y Escritores de Turismo (FEPET).

O Concello de Lugo foi quen deu o paso de presentar a candidatura, desvelada na presentación do programa das festas de San Froilán, trala proposta inicial da Asociación Lugo Monumental. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría APEHL apoia a iniciativa.

Un xurado será o encargado de decidir e votar cal é a galardoada o próximo 17 de outubro.

Huesca e Valladolid xa se presentaron noutras ocasións por un galardón que Vitoria-Gasteiz ostenta neste 2014. En 2013 a “capital gastronómica” foi Burgos e, no 2012, Logroño.

O día 17 saberemos se o “E para comer, Lugo” dá outro paso máis adiante.

Comparte...