O 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO ENTREGOU OS SEUS PREMIOS

O 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO ENTREGOU OS SEUS PREMIOS

O restaurante Paprica de Lugo, coa súa tapa de bonito e tomate de tempada, foi o gañador do 8º Concurso de Tapas de Lugo.

Os premiados recibiron os seus galardóns nun acto no concello lucense no que participaron o concelleiro de Turismo, Antón Bao, e o presidente da Apehl, Cheché Real.

Este é o palmarés completo:

GAÑADOR: Paprica (Bonito e tomate de tempada)

2º: Campos (Zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada)

3º: Cinco Vigas (Medallón de ouro)

Mellor tapa creativa: Restaurante España (Taco de salmón, lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas)

Mellor tapa tradicional: Vía Láctea (Milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas)

Mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra: Paprica (Bonito e tomate de tempada)

Mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia: Casa d’Auga (Filloa da lareira)

Premio tapa ecolóxica: A Nosa Terra (Tixolada)

Premio Marqués de Cernadas: Casa d’Auga (Filloa da lareira)

A organización apunta que participaron 45 locais hostaleiros, se serviron un total de 29.441 tapas e se xerou un volume de negocio de 147.205 euros.

Comparte...