O Castelo de Maceda reabre as súas portas como hotel restaurante

O Castelo de Maceda reabre as súas portas como hotel restaurante

O Castelo de Maceda volve abrir as súas portas esta fin se semana como hotel restaurante, co cociñeiro ourensán Carlos Parra aos mandos.

A reapertura será o venres 21, o Castelo de Maceda conta con cuartos para dar aloxamento e o restaurante aposta pola cociña tradicional con toques de innovación.

Este sábado 23, dende as 20:00 horas, terá lugar un acto de presentación aberto ao público no que se dará a coñecer, tamén, unha nova entidade cultural na súa provincia: a Asociación Ourensana de Amigos do Fado. No restaurante do recinto estará a fadista María do Ceo e presentaranse as primeiras xornadas “Fado e Gastronomía do Castelo de Maceda”.

Comparte...