Madrid Fusión: Barreira e Iglesias destacan no XIII Concurso de tapas de deseño de Mahou

Madrid Fusión: Barreira e Iglesias destacan no XIII Concurso de tapas de deseño de Mahou

Desde os restaurantes vigueses Bocarte e Ruxe Ruxe, os chefs Carlos Barreira e Gerson Iglesias no XIII Concurso de Tapas de Deseño que organiza Mahou dentro do programa de Madrid Fusión. O certame enmárcase nunha das citas internacionais máis importes da gastronomía, que se celebra esta semana na capital de España.

A receita dos chefs foi unha tapa de “xarda a la llama, kimchi y tapioca marinera”, unha reinvención do clásico prato de “xurelo á brasa con pan de millo”, prato co que obtiveron a clasificación para o concurso o pasado mes de maio no Mercado de Sabores de Mahou celebrado en Vigo.

Malia que non resultaron gañadores, a proposta vangardista presentada por Carlos Barreira e Gerson Iglesias -servida sobre un crujiente de pan de millo, con matices de algas, salicornia e pan de plancto- conseguiu sorprender ao xurado do concurso.

Comparte...