Maeloc, sidra ecolóxica producida en Galicia

Maeloc, sidra ecolóxica producida en Galicia

Maeloc. O nome do lendario bispo bretón asentado en terras luguesas servirá a partir de agora para denominar á sidra elaborada por Customdrinks (empresa do grupo Hijos de Rivera) con mazás galegas na súa factoría de Chantada (Lugo).

Trátase dun cambio de marca e imaxe da sidra de produción ecolóxica que ata o de agora se comercializaba como Manzanova.

No futuro tódalas sidras elaboradas pola firma chantadina levarán esta marca.

En calquera caso, non é esta a primeira sidra Maeloc que sae ao mercado. Dende hai algún tempo comercialízase unha variedade de sidra seca semellante ás que se elaboran no norte de Francia, tamén producida na fábrica de Chantada.

Esta Maeloc seca preséntase en botella de aluminio con tapón abre fácil e trátase dunha sidra refrescante que se recomenda tomar moi fría.

Comparte...