Magma de Cabreiroá consegue a máxima puntuación no iTQi  Superior Taste Award

Magma de Cabreiroá consegue a máxima puntuación no iTQi Superior Taste Award

A auga mineral con gas Magma de Cabreiroá recibiu a máxima nota, 3 Estrelas de Ouro, no concurso Superior Taste Award 2014 do International Taste and Quality Institute de Bruxelas, que a recoñece como unha das mellores augas do mundo. Os xuíces do certame, algúns dos mellores xefes de cociña e sumilleres do mundo, outorgáronlle a máxima puntuación na categoría Aparencia, un 100 sobre 100, e no resto dos criterios de avaliación como Sabor, Corpo, Olfacto e Primeira impresión, recibiu unha consideración Excepcional, obtendo unha nota global de 92,6 sobre 100. Este galardón ven a sumarse a outros premios recibidos recentemente por Cabreiroá, como a Medalla de Ouro concedida por Monde Selection.

Comparte...