Magma de Cabreiroá, Grand Gold nos premios Monde Selection 2013

Magma de Cabreiroá, Grand Gold nos premios Monde Selection 2013

A auga Magma de Cabreiroá logrou un novo recoñecemento nos premios Monde Selection 2013, onde sumou o galardón Grand Gold ao atesourar puntuacións de entre 90 e 100 entre o xurado.

Ademais, ao tratarse do terceiro ano seguido no que o acada, a auga Magma de Cabreiroá recibirá o Trofeo Internacional de Alta Calidade, nunha gala que terá lugar o 31 de maio na cidade de Estocolmo.

O xurado destes premios Monde Selection 2013 está conformado por 70 profesionais. Dende hai máis de 50 anos analiza preto de 3.000 produtos de 80 países distintos, e outorga recoñecementos ás distintas marcas.

Comparte...