Mahou lanza 12.000 botellas con los colores del Compostela

Mahou lanza 12.000 botellas con los colores del Compostela

A primeira volta da competición de Liga concluíu co Compostela ocupando o primeiro posto da clasificación na Terceira galega. Neste parón do Nadal, Mahou envólcase coa afección compostelanista lanzando ao mercado unha edición especial e limitada de 12.000 botellas personalizadas co escudo e as cores do equipo da capital de Galicia, do que é patrocinador.

As botellas, nas que figura o lema “ Compostelanízate!”, poderanse conseguir en distintos establecementos de hostalería da comarca de Santiago polo prezo habitual dunha Mahou Cinco Estrellas. Distribuiranse, en total, unhas 12.000 unidades, que estarán a disposición dos consumidores ata fin de existencias.

O pasado 27 de decembro, o xardín da “ Horta do Obradoiro” acolleu a presentación desta edición especial ante os medios. Ao acto acudiron Rubén Vázquez, xestor de Mahou en Santiago, Javier Puñal, director de márketing do club, Mon Vives, capitán do equipo e Manu Castiñeiras, director deportivo da Sociedad Deportiva Compostela.
Mahou sempre estivo preto dos hinchas do fútbol e con esta iniciativa quere mostrar, ademais, o seu compromiso coa S. D. Compostela, club do que é patrocinador oficial. Na mesma liña de acción, a compañía cervexeira xa vestira as súas botellas en 2014 cos escudos do Real Madrid e o Atlético, sendo patrocinador de ambos os equipos e en celebración dos logros obtidos polos equipos naquel momento.

Comparte...