Manicha Bermúdez, premio Picadillo á mellor labor na cociña

Manicha Bermúdez, premio Picadillo á mellor labor na cociña

Manicha Bermúdez, alma mater do restaurante La Taberna de Rotilio, en Sanxenxo, recibiu o premio Picadillo 2017 á mellor labor na cociña que promove o Fórum Gastronómico A Coruña. Outro dos premios Picadillo, nesta caso ‘Ao viño‘, recaeu no enólogo Raúl Pérez, que catapultou ao primeiro posto da lista Parker viños como A Trabe o El Pecado, cando as súas zonas de orixe apenas saían nas guías. Estes premios tamén recoñecían a labor en Sala dos profesionais da hostalería. Neste caso, o gañador do premio Picadillo 2017 foi para o veterán coruñés César Gallego, propietario do restaurante Coral.

Os premios Picadillo tamén recoñecen a labor de difusión de temas relacionados coa gastronomía. Nesta caso, a escritora e académica da RAG Fina Casalderrey, pola súa difusión do mundo da gastronomía con traballos como O libro da empanada ou Festas gastronómicas de Galicia. Por último, César Bonilla conseguiu o premio Picadillo 2017 ‘Ao produto’ por conseguir elevar os churros e as patacas fritas ás máximas cotas de calidade e éxito no mercado, co máximo respecto ao produto galego e de proximidade.

Comparte...