Novos manteis baixopratos de “… E para comer, Lugo”

Novos manteis baixopratos de “… E para comer, Lugo”

O turismo e a gastronomía da provincia de Lugo seguirán promocionándose  nos manteis baixoprato de distintos restaurantes e establecementos que recollen a campaña …E para comer, Lugo.

Este é o sexto ano no que se leva a cabo esta acción, cun novo modelo de manteis  …E para comer, Lugo, do que se editaron 400.000 exemplares. A Deputación Provincial e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) están detrás desta iniciativa.

Cada mantel loce por diante un mapa de Galicia coa sinalización de establecementos hoteleiros e da rede museística provincial; coa información útil do Museo do Mar (San Cibrao), o Museo Etnográfico Pazo de Tor (Monforte), a Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo Provincial de Lugo (Lugo).

No envés figuran os datos de contacto e interese das tres rutas fluviais que se poden facer este verán nos catamaráns da Deputación: a dos Robles e a de Belesar polo Miño e a de Doade polo Sil.

Os manteis baixoprato están a disposición de todos os asociados á asociación provincial de hosteleiros.

Comparte...