O Manual do Porco Celta amosa a situación da raza autóctona

O Manual do Porco Celta amosa a situación da raza autóctona

Vén de aparecer o Manual do Porco Celta, unha publicación que reúne toda a información sobre esta raza autóctona, como son as características da súa carne, os seus produtos derivados ou a súa situación en números.

O libro está editado pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne da Consellería do Medio Rural e Mar e é o froito conxunto de numerosos autores e colaboradores, entre os que destaca a asociación de criadores Asoporcel, pero tamén o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico INORDE ou as universidades de Vigo e Santiago.

Na presentación do libro quedou de manifesto que, paseniño, a situación do porco celta vai mellorando, froito do traballo de recuperación. Dende 2009 o número de animais reprodutores censados aumentou un 9% e xa hai máis de 350 explotacións que se dedican a esta raza.

Comparte...