MAR DE FRADES EDICIÓN LIMITADA LUBY LAB, UNHA BOTELLA DE DESEÑO

MAR DE FRADES EDICIÓN LIMITADA LUBY LAB, UNHA BOTELLA DE DESEÑO

Mar de Frades presenta a súa edición limitada by Luby Lab. Trátase dun deseño baseado na colección Nautilo de Laura Ponte, directora creativa da marca Luby & Lemerald, que pode ser un regalo a ter en conta para as próximas festas. Dentro, a nova anada  Mar de Frades 2011.

O debuxo xeométrico, elegante e futurista, abrázase na botella azul ao Albariño Mar de Frades e queda serigrafiado en ouro.

A nota de cata do monovarietal albariño apunta:

“A nova anada Mar de Frades 2011, presenta unha cor amarela intensa, máis que en anos precedentes. En nariz aparecen de xeito persistente notas florais sobre tropicais e claros trazos de froita de pebida (pera e mazá Fuji). En boca, o frescor é persistente con sensacións similares ás percibidas en nariz e cun fondo de infusión de herbas (macela, té de rocha) e cun recordo salino e eucalipto tan característico deste albariño”.

Luby & Lemerald é unha marca de alta xoiaría e Luby Lab é unha segunda liña dentro da firma que pretende dar cabida a bixutería, complementos, deseño gráfico…

Comparte...