“Do mar e da terra, sabores de Galicia”, do 3 ao 5 de outubro en Córdoba

“Do mar e da terra, sabores de Galicia”, do 3 ao 5 de outubro en Córdoba

Do 3 ao 5 de outubro a consellería do Medio Rural e do Mar organiza en Córdoba un programa de degustacións “Do mar e da terra, sabores de Galicia”, no que terán especial protagonismo os produtos amparados pola marca de calidade PescadeRías e os amparados por denominacións de orixe e IXP.

Mexillóns, peixes, queixos, castañas, pan, viño ou produtos ecolóxicos poderán ser degustados en pratos que mesturan produtos e receitas galegas con outras puramente andaluzas.

As degustacións terán lugar no stand da Xunta de Galicia instalado na Avenida de la Libertad e insertanse no marco da “Mostra antropolóxica e cultural de Galicia en Córdoba”

Comparte...