Mara Martín (D.O. Monterrei) un dos catro viños distinguidos con Gran Diamante nos premios Viño e Muller

Mara Martín (D.O. Monterrei) un dos catro viños distinguidos con Gran Diamante nos premios Viño e Muller

A adega Martín Codax está de parabéns. O seu godello Mara Martín (D.O. Monterrei) recibiu a distinción Gran Diamante nos premios Viño e Muller 2013, que teñen entre outros obxectivos o de mostrar o seu apoio ás mulleres que desenvolven a súa actividade neste mercado, dar a coñecer a presenza feminina que existe detrás das marcas, fomentar a cultura do viño e o seu consumo e estimular a participación da muller no sector vinícola. Só catro viños españois recibiron o Gran Diamante nesta edición.

Por outra banda o seu mencía Catro Pasos (D.O. Bierzo) recibiu un ouro nos premios Bacchus.

Comparte...