María Bautista logra a bolsa D.O. Ribeiro-INGAVI para o Curso Superior de Sumiller 2016-17

María Bautista logra a bolsa D.O. Ribeiro-INGAVI para o Curso Superior de Sumiller 2016-17

O director do Instituto Galego do Viño (INGAVI), Xoán Cannas e a secretaria – xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, foron os encargados de presentar a nova bolsa D.O. Ribeiro-INGAVI para o Curso Superior de Sumiller e de entregala á súa primeira beneficiaria, María Bautista. Esta é a primeira edición da iniciativa, que ten como obxectivo financiar a especialización dos solicitantes que dispoñan do mellor currículo e experiencia laboral, aproveitando en maior medida por tanto, segundo os seus promotores, a formación. A estudante recibirá un financiamento do 50% do custo do Curso Superior de Catador 2016-17, en concreto 1.925€.

Cannas destacou no acto de presentación o papel da formación como base para lograr a excelencia no sector, que nas súas palabras “é algo que o C.R.D.O Ribeiro comprendeu moi ben. Este é o noso terceiro ano de colaboración e neste curso inclúese como novidade a bolsa a unha alumna do noso Curso Superior de Sumiller Profesional.”

Este programa de especialización do Instituto Galego do Viño conta coa colaboración de docentes de recoñecido prestixio como son Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas ou Raúl Pérez. Os 25 alumnos que participarán neste curso 2016-2017 comezarán as clases o 26 de setembro.

Comparte...