María Marte desvela os seus segretos de cociña en ‘Espacio Mahou Coruña’

María Marte desvela os seus segretos de cociña en ‘Espacio Mahou Coruña’

A planta de Sabor de Espacio Mahou Coruña recibiu a visita de María Marte, chef de El Club Allard, restaurante madrileño con dúas Estrelas Michelin Ofreceu unha masterclass dirixida a alumnos da Escola de Hostalería San Javier de A Coruña e do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Marte desvelou algúns dos seus segretos culinarios e preparou ante eles un petisco de “Guiso de bacallau con emulsión de pasas e crocante de boniato”.

En palabras da propia cociñeira, a tapa “está inspirada nun prato típico de aquí, que é o Bacallau con pasas” e engadiu que “ten o toque exótico co tubérculo de orixe caribeña que é o boniato”. O público que se achegou ata o bar de Espacio Mahou Coruña despois da clase tivo a oportunidade probar a tapa, xa que se sirviu de forma gratuíta como acompañamento da cervexa.

Comparte...