Maridaxe cos AOVE de Abril no Fórum Gastronómico

Maridaxe cos AOVE de Abril no Fórum Gastronómico

Aceites Abril patrocinou unha vez máis o Fórum Gastronómico da Coruña e participou, ademais, no mesmo cun posto na feira e como organizador de distintas actividades. Unha delas foi un obradoiro que permitiu que o público asistente gozase dos sabores do aceite de oliva virxe extra da man dos reputados chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do compostelán restaurante A Horta d’Obradoiro.

Kike Piñeiro e Eloy Cancela realizaron unha serie de pratos nos que combinaron os ingredientes co aceite de oliva virxe extra máis adecuado para cada un. Así, “tratábase de ensinar a utilizar os diferentes monovarietales segundo o tipo de prato, do mesmo xeito que facemos coas especies na cociña. Un hojiblanca herbáceo, por exemplo, marida moi ben cun peixe e o arbequina co chocolate”, tal e como explicou Elena Pérez Canal, directora de Márketing de Aceites Abril.

Ademais, o taller tamén se prestaba a desenvolver a creatividade na cociña para xogar con diferentes texturas, como a manteiga de aceite utilizada na apertura. A continuación, puidéronse degustar tortitas de Aceite de Oliva Virxe Extra “ Colleita propia”, 100% procedente de olivas galegas; xarda e Aceite de Oliva Virxe Extra variedade Hojiblanca; carrilleras con cogollos e Aceite de Oliva Virxe Extra Pingas de Abril; e trufa e Aceite de Oliva Virxe Extra variedade Arbequina.

Así mesmo, como acto previo á degustación, levou a cabo unha cata de aceite de oliva virxe extra dirixida por Elena Pérez Canal e  Rubén Gutiérrez, responsable do Departamento de Agro e catador profesional de Aceites Abril.

Comparte...