As galletas mariñeiras, premiadas na Semana da Calidade

As galletas mariñeiras, premiadas na Semana da Calidade

Lugar da Veiga, S.L., empresa chantadina productora das galletas mariñeiras, foi galardoada nos segundos premios Líderes en Calidade, concedidos no marco da Semana Europea da Calidade, celebrada en Ourense.

Daveiga foi distinguida no apartado correspondente ao sector agroalimentario, mentres outras empresa de alimentación, Hijos de Rivera, propietaria entre outras da marca Estrella de Galicia, foi distinguida pola súa aposta polo medio ambiente.

A Semana Europea da Calidade foi patrocinada por Galicia Calidade.

As galletas mariñeiras Daveiga son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI a pesar de que a súa orixe proceda do século XV en que constituían a base da alimentación dos barcos españois e portugueses que se lanzaron á conquista do mundo. Entón recibían tamén o nome de bizcocho e pan de barco.

Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas producidas ou transformadas en Galicia representan máis do 80 por cento. Fariña de trigo do país e de trigo ecolóxico, fariña e extracto de malte, manteiga, aceite de oliva, lecitina de soia, masa nai e fermento natural son os ingredientes das distintas variedades de galletas, que se comercializan en diversas presentacións: galletas mariñeiras clásicas, sen sal, especiais para canapés, con aceite de oliva, con algas galegas… nalgúns casos amparadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Comparte...