MEDRAN AS VENDAS DE MARISCO CONXELADO POR INTERNET

MEDRAN AS VENDAS DE MARISCO CONXELADO POR INTERNET

No nadal de 2011, en España adquiríronse máis de 20.000 quilos de marisco conxelado na rede, segundo informa www.elmarisconoescaro.com, firma que comercializou un 90% do total, cuns 2.000 clientes que realizaron 3.000 pedidos.

O aumento nos últimos anos desta opción é do 40% e é unha tendencia que seguirá a alza.

O lagostino é o marisco preferido polos compradores nesta empresa viguesa, seguido polas ameixas, a lagosta e o boi de mar.

A firma, nada en novembro de 2010, detectou un aumento dos pedidos que se dirixen a centros de traballo con xente que non pode facer a cea ou comeu na casa, como hospitais ou parques de bombeiros.

En 2011 os días con maiores pedidos foron os máis sinalados, destacando as datas previas a Noiteboa.

O 30% da clientela é de Madrid ou Barcelona, séguenlles a Comunidade Valenciana, País Vasco e Andalucía.

Comparte...