PAZO DE SEÑORANS

Marisol Bueno, premio á Excelencia en Galicia de Fevino

Con motivo da décima edición de FEVINO, Marisol Bueno recibe o Premio FEVINO á Excelencia en Galicia “polo seu papel imprescindible no desenvolvemento da D.O. Rías Baixas, así como pola calidade dos viños da súa bodega Pazo de Señorans”.

Ademais, trátase da primeira muller que recibe este galardón na historia de FEVINO Salón Profesional del Vino, que se celebra en Ferrol (Galicia).

Viticultora desde 1979, Marisol Bueno presidiu durante 21 anos a D.O. Rías Baixas (198 –2007) e foi deputada autonómica. Hoxe é coñecida como a “gran dama do albariño” adicando todo o seu tempo e esforzo á bodega Pazo de Señorans, referencia de calidade e pioneira nos viños de garda das Rías Baixas. Pazo de Señorans é unha belísima propiedade en Meis, presidida por unha casa solariega do século XVI rodeada por oito hectáreas de viñedo. Trátase dun proxecto impulsado por Marisol Bueno e o seu marido, Javier Mareque, que adica a súa produción a elaborar os mellores brancos de uva albariña. A traxectoria desta bodega consolidouse en 1989 coa calidade e o carácter floral do seu Pazo de Señorans. A partir da colleita de 1995 xurdiu Selección de Añada, un branco de gran expresión que constitúe desde entón un grande aporte á bodega familiar.

Outros premios

En novembro do ano pasado, Marisol Bueno foi elixida Personaxe do Ano Fóra de Serie 2016 na categoría de Enoloxía. O suplemento de Expansión, Fuera de Serie, selecciona cada ano a diferentes personalidades como referentes de talento e esfuerzo en diferentes disciplinas. 

Pazo de Señorans, calidade e tradición nos seus viños

Nacida na DO Rías Baixas nos anos 80, a bodega ofrece albariños de calidade a partir dunha das máis nobles variedades españolas. Os métodos tradicionais e respectuosos co produto son os que definen a Pazo de Señorans, conservando sempre as peculiaridades da uva na frescura dos seus viños. Feitos que foron recoñecidos pola crítica nacional e internacional, outorgando grandes calificacións en certames de todo o mundo.

Comparte...