Volven Os Showcookings a Bodegas Martín Códax, con tres cociñeiras galegas

Volven Os Showcookings a Bodegas Martín Códax, con tres cociñeiras galegas

Beatriz Sotelo, Yolanda León e Inés Abril son as cociñeiras protagonistas na nova edición dos Showcookings de Martín Códax

Os Showcookings de Códax é un ciclo que, na súa cuarta edición, levará á adega Martín Códax tres recoñecidas galegas. Serán Beatriz Sotelo da Estación de Cambre, o 13 de novembro; Yolanda León de Restaurante Cocinandos (León), o 27 de novembro; e Inés Abril, do Restaurante Maruja Limón de Vigo, o 4 de decembro.

Precisamente, el 13 de noviembre, día de inicio do ciclo, es el Día Europeo del Enoturismo.

Como é habitual nestas citas, nos showcookings cociñarase en directo ante os asistentes e maridarase con viños da adega como Martín Códax, Martín Códax Leas, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia. Comezarán ás 11:30 horas e teñen prevista unha duración de 4 horas, inclúen visita ás instalacións e o aforamento máximo é de 35 asistentes.

Cómpre salientar que un 10% do despacho de billetes destinarase á loita contra o cancro de mama a través da Asociación Española contra o Cancro (AECC).

As entradas estarán dispoñibles na tenda online da adega, desde o mércores 2 de novembro ás 9.00 horas.

Comparte...