Martín Códax Vindel elixido “Mejor Vino Blanco sin barrica de España” pola AEPEV

Martín Códax Vindel elixido “Mejor Vino Blanco sin barrica de España” pola AEPEV

A Asociación Española de Periodistas e Escritores de Vino (AEPEV) recoñeceu de entre un total de 1055 marcas ao viño Matín Codax Vindel como o “Mejor Vino Blanco sin barrica de España”,   unha distinción que a adega de Cambados recibe por terceiro ano consecutivo.

Se no 2014 obtiña este recoñecemento o Martín Codax Lías 2011, no 2015 o Matín Codax coa anada do 2014, este ano o premio levoullo o Martín Codax Vindel, un Rías Baixas elaborado con uva 100% albariño.

A orientación dos seus viticultores cara á calidade e a implicación da adega co I+D+i,  a través de proxectos como o Cenit Demeter ou Globalviti ou o uso de ferramentas como a teledetección, permiten a Martín Códax aumentar constantemente a calidade dos seus viños, unha calidade que vén sendo avalada de forma máis notoria nos últimos anos grazas a recoñecementos como o da AEPEV.

Comparte...