Bodegas Cunqueiro

“Máis de Cunqueiro” (D.O.P. Ribeiro), medalla de prata en Bruselas

Máis de Cunqueiro (D.O.P. Ribeiro) elaborado por Bodegas Cunqueiro, recibiu unha medalla de prata no recentemente celebrado Concurso Mundial de Bruxelas 2015. Trátase dun viño elaborado integramente con variedades autóctonas galegas e predominio entre elas da Torrontés.

Outro viño da mesma adega foi premiado cunha medalla de ouro a comezos de ano nos premios Mundus Viño, celebrados en Alemaña. Neste caso o premiado foi Cunqueiro III Milenium, elaborado con uva das variedades Treixadura, Godello, Albariño e Loureira.

A adega, situada no municipio de Castrelo de Miño, é unha empresa familiar cunha antigüidade de case cen anos, que elabora catro tipos de viños de denominación de orixe de Ribeiro: Anciño que é o viño máis comercial da adega e que posúe a variedade branco e tinto, Cuqueira un branco de gama media e Cunqueiro III Milenium e Máis de Cunqueiro que pertencen a unha gama alta de viños brancos.

Comparte...