Máis dun cento de mostras das cinco denominacións de orixe de viño álzanse como Distinguidos Gallaecia

Máis dun cento de mostras das cinco denominacións de orixe de viño álzanse como Distinguidos Gallaecia

Finalmente foron 106 as mostras que alcanzaron as Distincións Gallaecia, segundo anunciou a Asociación de Sumilleres Gallaecia tras a finalización do concurso, no que han partipado un total de 593 viños de todas as DD.OO. de Galicia, unha cifra que supón unha marca de participación nun concurso destas caractersticas, que este ano chegaba á súa 17ª edición como ?Concurso Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente”.

A proba definitiva celebrouse os días 31 de agosto e 1 de setembro na Casa Cazoleiro de Meira (Lugo). Unha cata final que estivo a cargo de membros de Gallaecia e técnicos do cinco consellos reguladores. O resultado final fixo que os viños que son Distinguidos Gallaecia sexan 26 viños da D.O Ribeiro, 23 da D.O Valdeorras, 23 da D.O Rías Baixas, 17 da D.O Monterrei e outros tantos da D.O Ribeira Sacra.

Comparte...