“O mellor dos viños Ribeira Sacra é a diversidade”

“O mellor dos viños Ribeira Sacra é a diversidade”

Luis Gutierrez, o crítico que en España que se encarga de valorar os viños para The Wine Advocate, a prestixiosa revista norteamericana capitaneada polo influínte Robert Parker, visitou a sede do Consello Regulador Ribeira Sacra. Durante a súa estancia en Galicia puido catar 30 referencias dunha serie de viños tintos e brancos producidos por diferentes adegas. Despois de facer as probas, realizou as seguintes valoracións:

¿Cal é a súa visión sobre os viños de Ribeira Sacra?

En xeral o que xa vin o ano pasado é que había movemento, había uns cantos proxectos pequeniños promocionándose no extranjero que están movendo moito o nome da zona e iso é moi positivo para todos, porque eses produtores pequenos son a punta de lanza para o resto.

¿Como ve o futuro e a competencia?

Hai que seguir esforzándose en facer as cousas cada vez mellor, porque segue habendo unha competencia tremenda en todos os países e está todo o mundo mellorando sen parar. Non nos podemos quedar atrás.

O futuro véxoo cun potencial tremendo sempre que haxa xente que extraia ese potencial e sexa capaz de trasladalo ao interior das botellas, que capture a maxia da paisaxe e do sitio, iso véxoo tremendo. Ao final o factor último é o factor humano. O inicio de todo é a viña e o sitio, é importantísimo, pero iso só é o potencial, despois ten que haber xente que sexa capaz de trasladalo á botella.

Aínda que a Ribeira Sacra sexa un sitio tan pequeno, é tremendamente variado en altitude e exposición e iso dá moito xogo, co cal Ribeira Sacra ten moito potencial e moito traballo por facer.

En Ribeira Sacra dase a circunstancia de que temos moitas zonas diferentes, singulares, temos varias añadas, distintos estilos de viño, distintos prezos, distintos elaboradores e o que eu intento facer co que escribo é crear unha xerarquía que son os puntos, é dicir, onde vexo eu cada un dos viños.

¿Que referencias figurarán na nova publicación?

Os nomes que figurarán na nova publicación non traerá grandes novidades e serán na súa maioría as referencias do ano pasado. Cato un pouco o coñecido e despois depende a investigación que realice.

En xeral dicir que está moi interesante o panorama de Ribeira Sacra con novos nomes nos últimos anos, cun interese internacional importante, pero aínda un grupo limitado de produtores de alta calidade, que é normal porque o viño é unha pirámide.

¿Cal cre que é a asignatura pendente?

Case sempre a asignatura pendente está na viticultura e en intentar mellorar o traballo no viñedo, esa é a fonte de todo. Creo que a adaptación das distintas variedades aos distintos sitios é un tema importante, pola gran variedad de uvas distintas que existen en Ribeira Sacra e sobre todo no tinto.

¿Que é o que máis le gusta de Ribeira Sacra?

A diversidade. Abúrreme que todos os viños sexan iguais, sobre todo porque a xente intenta aplicar unha fórmula, e máis se é unha fórmula de outro sitio, como Burdeos ou Ribera del Duero.

Gústanme os viños con personalidade propia e creo que é moito máis interesante ter unha variedade de viños que poidas beber dependendo do que vas comer ou da estación do ano ou se de repente che apetece un viño máis vello ou máis novo… A diversidade é moi boa e máis coa variedade de uvas autóctonas que ten Ribeira Sacra. Eu creo que en Ribeira Sacra temos unha riqueza tremenda, estamos empezando e queda moito por facer.

Comparte...