Máster  class e túnel de viño da  DO Monterrei o martes 8 en Santiago

Máster class e túnel de viño da DO Monterrei o martes 8 en Santiago

Despois de percorrer outras cidades españolas e galegas como Madrid, San Sebastián, Ciudad Real, Castellón, A Coruña, Ourense ou Fisterra, a D.O. Monterrei desembarcará o vindeiro martes, 8 de outubro, en Santiago. Na capital de Galicia desenvolverá unha máster  class e un túnel de viño orientados cara a profesionais e estudantes de restauración e hostalería co obxectivo de dar a coñecer a denominación de orixe e os seus viños. Esta acción promocional terá lugar na  Bodeguilla de San Lázaro a partir das 19:30 horas.

A primeira actividade que se desenvolverá será a máster  class, entre as 19:30 e as 20:30 horas. Nela abordarase a historia e a tradición vitivinícola do territorio, as características do chan e o clima, as variedades de uva ou as tipoloxías de viño.

A continuación, de 20:30 a 22:30 horas, terá lugar o túnel de viño, que lles permitirá aos asistentes degustar os brancos e tintos que se elaboran baixo a D.O. Monterrei da man das adegas que participan na iniciativa:  Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán, Pazo das Tapias y Triay Adegas de Oímbra.

Para participar no túnel de viño será necesario confirmar asistencia chamando ao número de teléfono 981 56 66 07 ou enviando un correo electrónico a bodeguilladesanlazaro@gmail.com.

Comparte...