MasterChef viaxa a Baiona para homenaxear ós afectados polos incendios de 2017

MasterChef viaxa a Baiona para homenaxear ós afectados polos incendios de 2017

Nunha homenaxe a Galicia, MasterChef viaxou ata Baiona para cociñar ante 120 persoas pratos típicos da nosa gastronomía. O programa de TVE presentado por Eva González decidiu render unha homenaxe aos damnificados polos incendios do ano 2017 na nosa Comunidade.

Na proba de exteriores do programa emitido este domingo, os aspirantes do talent show desprazáronse ata o Castelo de Monterreal en Baiona para cociñar pratos típicos de Galicia para máis de 120 persoas, que sufriron danos nos incendios do ano pasado. Algunhass das receitas que elaboraron os concursantes foron xoubas guisadas, ameixas á mariñeira ou filloas.

Os tres chefs do programa Jordi Cruz, Pepe Rodríguez Rey e Samantha Vallejo-Nágera, aconsellaron ós concursantes para elaborar os pratos, xa que moitos non coñecían as receitas propostas.

Ademais no programa, que foi o número 2 da presente edición, interveu o chef galego Rafael Centeo, do restaurante Maruja Limón, que conta cunha Estrela Michelín.

Comparte...