Éxito de visitantes no Mercado de Sabores de Mahou

Éxito de visitantes no Mercado de Sabores de Mahou

A cita en Vigo recibe máis de 9.000 persoas, un 15% máis que a pasada edición.

Esta fin de semana o público que se acercou ao Mercado de Sabores de Mahou tivo a oportunidade de coñecer os secretos da cociña de grandes chefs da gastronomía galega como Inés Abril e Rafa Centeno, do restaurante vigués Maruja Limón, e Alberto Gonález, de Silabario; e das presentacións de tapas dos hostaleiros participantes.

O domingo o Mercado pechou as súas portas coa entrega de premios ás mellores tapas e ao mellor tirador de cervexa. Entre o xurado atopábanse Carlos Maribona, crítico gastronómico de ABC; Javier Brichetto, chef arxentino experto en tapas; Viguel Vila, director da revista gastronómica Ben Bo e César Sánchez Ballesteros, presidente de Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra.

O primeiro premio de 3.000 euros e a participación en Madrid Fusión foi para La Consentida co seu “Cucurucho Thai de pollo&curry”. O segundo premio de 1.500 euros foi outorgado a La Pintxoteca coa súa tapa “Mar de fondo”. O último e terceiro premio ás mellores tapas (500 euros) recibiuno A horta do Obradoiro co seu “Snack de vaca vella”.

O premio ao mellor tirador cun valor de 1.000 euros recaeu en Sergio Vázquez de La Pintxoteca.

Comparte...