ME TONIC, UNHA TÓNICA GALEGA PREMIUM

ME TONIC, UNHA TÓNICA GALEGA PREMIUM

Galicia súmase á moda das tónicas premium coa aparición de “Me tonic”, refresco fabricado en Chantada pola firma Customdrinks, do grupo Hijos de Rivera, para Importaciones y Exportaciones Varma.

Á parte da quinina, cuxa concentración de 80 miligramos por litro é superior á media, a tónica Me está aromatizada con yuzu e pementa negra.

Os produtores recomendan consumila directamente na botella, moi fría e cun gallo de lima na boca da mesma. Tamén indican que se é moi apropiada para mesturar con xenebra ou vodka.

Comparte...