Búscanse mecenas para a Guía de Viños de Galicia

Búscanse mecenas para a Guía de Viños de Galicia

O equipo de La Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia xa está a preparar a edición 2015. Cada ano nestas datas, fan un chamamento a todos aqueles que creen no proxecto e queiran colaborar con el como “mecenas e co-editor”. As achegas económicas particulares axudan a manter criterios que converten esta publicación en libre e independente, xa que non dependen de publicidade.

A Guía é un libro práctico e imprescindible para informarse e comprender o mundo os viños e destilados de Galicia, avalado por destacados catadores, no que se busca e fomenta a tipicidade dos nosos caldos como un factor de distinción.

Toda a información xa está dispoñible na web: www.servino.net

Comparte...