Medalla de Ouro para o albariño Sen Palabras no Wine Challenge London 2016

Medalla de Ouro para o albariño Sen Palabras no Wine Challenge London 2016

Adegas Castrobrey segue sumando galardóns, nesta ocasión da man de Sen Palabras Edición Especial. Este albariño D.O. Rías Baixas obtivo a Medalla de Ouro no prestixioso concurso International Wine Challenge London 2016 (IWC), que celebrou o seu 32 aniversario o pasado 11 de maio.

O IWC é un Concurso Internacional de viños anual, que posúe como principal obxectivo a avaliación de diferentes viños mediante unha cata a cegas celebrada no Kia Oval (Londres). Na presente edición adegueiros, distribuidores, e críticos vindos de todas as partes do mundo cataron máis de 12.000 viños, poñendo en valor a fidelidade á variedade, a rexión e a anada. Por iso, este concurso constitúe unha das competicións vinícolas independentes máis prestixiosas e influentes do mundo.

Este albariño forma parte da colleita de 2010, gardado en aceiro inoxidable e tratado con mimo durante o paso dos anos, foi froito da innovación e o traballo duro.

Comparte...