Medallas de Ouro nos premios Monde Selection para 1906 Reserva Especial e 1906 Red Vintage de Estrella Galicia

Medallas de Ouro nos premios Monde Selection para 1906 Reserva Especial e 1906 Red Vintage de Estrella Galicia

Hijos de Rivera conseguiu Medalla de Ouro á calidade para a súa cervexa 1906 Reserva Especial e para a 1906 Red Vintage no certame Monde Selection 2014, organizado polo Instituto Internacional de Seleccións de Calidade, que se celebrou onte en Burdeos. O xurado destes premios está constituído por importantes chefs de todo o mundo, membros da Academia da Cociña Francesa, someliers e destacados sumilleres de toda Europa.

Ambos os dous produtos xa conseguiron numerosos recoñecementos ao seu sabor e calidade en diversos concursos internacionais. No caso da segunda, “a colorada”, a Medalla de Ouro no World Beer Challenge en 2013.

Comparte...