Medallas de ouro e prata para viños con D.O. Ribeira Sacra no ‘Mondial des Vins Extrêmes’

Medallas de ouro e prata para viños con D.O. Ribeira Sacra no ‘Mondial des Vins Extrêmes’

Mondial des Vins Extrêmes, organizado polo CERVIM (Centro de Investigación, Estudios, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (terrazas ou terreos con máis do 30% de declive ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas). O certame quere promover e valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estructurais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.

O obxectivo é enfatizar as características únicas deses produtos así como dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a salvaguarda do territorio e o medio ambiente e para que os consumidores mesmos poidan apreciar todo isto.

O 8 de xullo concluíron as tres xornadas de degustación adicadas aos 740 viños presentados por 306 empresas provintes de 15 países do mundo, que fixeron que esta edición alcance unha cifra récord. Trinta catadores chegados de numerosos países destacaron a altísima calidade dos viños degustados, mostrando un grande interese por un concurso único no mundo que ofrece a posibilidade de degustar viños singulares.

Nesta edición de 2017, 28 adegas acollidas á Denominación de Orixe participaron no concurso aportando 48 mostras nas diferentes categorías.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:

VIÑOS BRANCOS ANADA 2016

MEDALLA DE OURO

  • “REGINA VIARUM”– 2016

REGINA VIARUM S.L. – DOADE

VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016

MEDALLA DE OURO

  • “SABATELIVS”- 2016

ADEGAS E VIÑEDOS LAREU SL – CHANTADA

MEDALLA DE PRATA

  • MENCÌA “VERDE MATAS” – 2016

PENA DAS DONAS – PANTON

  • “VIÑA VELLA” – 2016

S.A.T. VIRXEN DOS REMEDIOS– O SAVIÑAO

  • MENCIA BARRICA “ABADIA DA COVA”– 2015

ADEGAS MOURE S.A – ESCAIRON

  • “ESTRELA”– 2016

D ́FRAN, S.C. – SOBER

VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS EN 2014 OU CON ANTERIORIDADE

MEDALLA DE OURO

  • MENCÌA “REGINA EXPRESION” – 2014

REGINA VIARUM S.L – SOBER

  • MENCÌA “VR BARRICA” – 2012

VÍA ROMANA ADEGAS E VIÑEDOS – CHANTADA

MEDALLA DE PRATA

  • MENCIA ” DON BERNARDINO 4a GENERACION – 2014

DON BERNARDINO – SOBER

El 26 de Noviembre, en el Forte di Bard (Valle de Aosta – Italia), se entregarán los premios a los vinos galardonados en un acto organizado por el CERVIM en donde habrá una degustación abierta al público con todos los vinos premiados.

Comparte...