O mexillón galego con sello de calidade retorna aos supermercados

O mexillón galego con sello de calidade retorna aos supermercados

Despois dun longo período de vedas, o mexillón galego con selo de garantía volve aos supermercados, segundo anuncia o Consello Regulador da súa Denominación de Orixe Protexida.

Máis de 1.500 puntos de venda de toda España volven dispor de mexillón galego con todas as garantías e, como medida de promoción, preparouse unha campaña na que haberá libros de receitas, carteis, bolsas reutilizables ou valos coa consigna “Namórate dun galego”. Trátase, segundo o organismo regulador, da “maior distribución alcanzada ata hoxe polo produto fresco”.

En principio, tomarán parte da campaña as firmas El Corte Inglés, Vegalsa-Eroski, Gadis, Froiz, Alcampo, Carrefour, Consum, Lupa e Telco; se ben espérase que outras cadeas se poidan sumar a esta acción.

O mexillón galego co selo da DOP pasa por algún destes doce centros de depuración: Linamar, Barlovento, Mares de Galicia, Remagro, Jose Mª Daporta, Mariscos Malliño, Mariscos Cordal, Mariscos Veiro, Aurelio Silva, Pescadona, Moluscos Rías Baixas e Moluscos Troncoso.

Comparte...