Melide anticipa a súa Festa do Melindre co Café Tour MelindresRicos

Melide anticipa a súa Festa do Melindre co Café Tour MelindresRicos

Melide vive esta fin de semana o Café tour MelindresRicos, que servirá de anticipo para a súa Festa Gastronómica do Melindre e da Repostería Tradicional que se celebra o día 12 de maio.

Os locais participantes ofrecerán, os días 4 e 5 de maio de 16:00 a 20: horas, un combinado de café acompañado dun melindre por 1,5 euros. O domingo 5, un xurado avaliará os combinados e determinará un gañador que acadará como premio o seu peso en quilos de café.

Ademais, o barista Óscar de Toro, presidente do xurado, estará o 12 de maio, data da Festa do Melinde, facendo capuchinos de 10:00 a 12:00 horas a un prezo de 50 céntimos. O recaudado destinarase a Cáritas de Melide. A iniciativa conta co apoio de Procafé, productos do café SL.

O propio Óscar de Toro impartiu a semana pasada un obradoiro a máis de 10 hostaleiros melidenses, onde probáronse combinados de café con e sen alcohol, café xeado ou un combinado con amendoado tradicional de Melide.

Os ricos de Melide son os protagonistas dunha reportaxe no número 2 da revista BenBo, que proximamente estará dispoñible para os seus subscritores e lectores.

Comparte...